Afesin organizou a Tarde de Festa Infantil para os escolares da Comarca

Administrador/ Xuño 30, 2005/ Xeral

A Asociación de Escolas Intantís de Ferrolterra (Afesin), organizou, con motivo da final do curso, a Tarde de Festa Infantil, dirixida aos nenos adscritos aos centros que forman parte da entidade, e a que poideron asistir acompañados dos seus irmáns, amigos e familiares.


O encontro tivo lugar o pasado sábado ás cinco da tarde no parque Raíña Sofía.


A animación correu a cargo de Didactis, e na festa participaron os nenos, para o que se organizou un amplo programa de actividades que incluiron sesions de contacontos, guiñoles, bailes e cancións.
Tamén se desenvolveron minitalleres de títeres, maquillaxe, globoflexia e psicomotricidade.

Share this Post